Agosto
1 de agosto venres GUITIRIZ, exterior. Campo da Feira de Guitiriz (Festival de Pardiñas)
-
9 de agosto sábado ALLARIZ, exterior. Campo da Barreira (Festa da fornada)
-
16 de agosto sábado CHANTADA, exterior.Campo da antiga Feira(semana de teatro)
-
17 de agosto domingo CASTRO DE REI, Pza. de Galicia(festa da malla)
-
19 de agosto mércores CARIÑO, interior. Casa de Cultura(Mostra de teatro de Cariño)
-
23 de agosto sábado SIGÜEIRO, en carpa.Pza. do Concello(festa da malla)
-
29 de agosto venres P. d BROLLÓN,interior.Local dos Veciños de Salcedo (festa da malla)
-
31 de agosto domingo RIOTORTO exterior.Pza. das Rodrigas (festa da malla)
-
20 de setembro sábado OLEIROS interior.Auditorio de Mera
-
26 de setembro venres TEO, interior
-
O verán que agora sabe a praia, sol e calor, noutro tempo (e non hai tanto) sabía a centeo, a trigo, a palla e a po. E Volta e Dálle Teatro recupera a tradición da malla para somerxerse nunha nova produción: Pan.
Dende o 1 de agosto o equipo de Volta e Dálle Teatro está traballando en darlle forma a un espectáculo que se inspira da mesma malla tradicional, trasladando estruturas propias da actividade agraria á produción.
Como cando toda a aldea se xuntaba no verán para mallar, o equipo de malladores de Volta e Dálle, formado por catro autores e directores de escena, unha directora coreográfica, dous músicos en directo e cinco actores e actrices únense durante o verán para sacar adiante Pan.
Pero non agardes ver unha recreación folclórica da malla. Neste espectáculo, esta tradición perdida simboliza a substitución do modo de vida rural, propio dos galegos e das galegas até hai poucas décadas, pola economía capitalista de hábitat urbano. Queremos un espectáculo moderno e vangardista que bota unha ollada con respecto sobre o que fomos e o que estamos a ser.