Primeiras presentacións do fabuloso invento que revolucionará a Xustiza

A Dura Lex Pro 1.0. xa é unha realidade. Foi duro o camiño até aquí, miles de horas cavilando, centos de prototipos até chegar á versión definitiva deste portento que o xuíz Salomón da Silva ideou para facilitar o proceso xudicial nos duros tempos que corren. Tras case tres meses de ensaios, esta singular máquina foi presentada ao público lugués o pasado 29 de abril, nun acto enmarcado no Ciclo de Conferencias “Alternativas para o cambio” que organizaba a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Non puido ser nun contexto máis apropiado, xa que a presentación tivo lugar xusto ao día seguinte da conferencia impartida por Sandra Piñeiro, maxistrada do xulgado de instrución número 2 de Lugo, acerca das reformas lexislativas pretendidas polo actual goberno español. O día seguinte da intervención do xuíz da Silva ía ser a vez de Farruco Sesto, ministro de cultura da República Bolivariana de Venezuela, quen explicou como se está a construír o sistema socialista naquel país. É innegábel que a presentación da Dura Lex Pro 1.0 non puido ter máis insignes teloneiros!

Poucos días despois, o 4 de maio, o público ribadense puido comprobar en primeira persoa as marabillosas prestacións deste incríbel avance da tecnoloxía xudicial. Hai que dicir que o xuíz da Silva ficou moi contento coa acollida recibida. Agora, tras uns días de descanso, o equipo que hai detrás deste proxecto prepárase para recalar na capital de Galicia. É alí onde se pretende facer máis barullo coa presentación, para aproveitar a proximidade coas oficinas da Xunta e tamén, que dúbida cabe, por intuír que a delicada situación xudicial pola que pasa a corporación municipal santiaguesa pode animar á pronta implantación desta máquina nesta cidade, para deste xeito axilizar os procesos e evitarlle á veciñanza as molestias ás que xa leva demasiado tempo sometida.

Esta presentación en Compostela servirá tamén para agredecer ás persoas que prestastes o voso apoio a este proxecto a través da campaña de micromecenado. Aínda hai tempo de contribuír, que son moitos os gastos que leva aparellada a promoción deste artiluxio tan senlleiro; así que se nos queres botar unha man podes contribuír a través da nosa sección Micromecenado, o que che dará dereito, como mínimo, a dúas entradas de balde á nosa presentación en Compostela, ou á que che vaia máis a man. Que xa o dixo o Ministro: a Xustiza non é gratis!

 

SalomonbyXMuras

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s