A Dura Lex 1.0 recala en terras compostelanas

Os tempos son chegados. As múltiples prestacións da máquina de facer xustiza, o revolucionario invento produto da mente preclara de Salomón da Silva, poderán ser valoradas de primeira man polos cidadáns e cidadás da comarca compostelana, especialmente afectados polos desaxustes do sistema xudicial vixente. Para iso, o xoves 19 de Xuño, ás 21:30h, terá lugar no Auditorio da Ramallosa (Teo), a presentación mundial deste invento chamado a revolucionar a Humanidade (a galega e a do resto do planeta). Temos que agradecerlle ao Concello de Teo o poder dispoñer deste local tan xeitoso, así como agradecemos á CIG toda a axuda prestada durante os ensaios deste prodixio da enxeñería xudicial.

Por suposto, as persoas que desde o primeiro momento crestes nas posibilidades deste invento e que nos apoiastes na campaña de micromecenado, ás que queremos reiterar a nosa gratitude, estades convidadas a asistir a este magno evento. Xa sabedes que a vosa achega dávos dereito a dúas entradas máis un pequeno agasallo que vos entregaremos o propio día 19. Se aínda non tiveches a ocasión de contribuír, aínda estás a tempo. Neste enlace explicámosche como facelo.

E se non che apetece andar facendo transferencias (algo comprensíbel, tal e como anda a banca ultimamente), tamén podes adquirir as entradas para a presentación nos seguintes establecementos:

En Teo:

O Café Bar A Senra, en Pontevea e A Santa Sede, na Ramallosa

En Compostela:

A Tita,  A Bodeguilla de San Roque, A Bodeguilla de San Lázaro, A Bodeguilla de Santa Marta e  a Parrillada O Bo Xantar

Neles poderanse adquirir as entradas ao módico prezo de 10€ até o día 17 de Xuño. Despois desa data, se é que aínda quedan localidades, poñeranse á venda no propio auditorio da Ramallosa. O aforo é limitado así que recomendámosvos que non tardedes en facervos coas vosas entradas!

duralex plotter

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s