A Dura Lex Pro 1.0 chega á Pobra do Brollón

A máquina da Xustiza non entende de ferias e continúa operativa mesmo neste mes aparentemente tranquilo, mais no que os casos de crimes e matanzas non nos deixan descansar tranquilamente nas nosas tumbonas, nen degustar os nosos combinados e as nosas madalenas con calma. Por iso o xuíz da Silva prosegue a súa peregrinaxe laica por aqueles lugares especialmente afectados pola precaria situación do sistema xudicial. Este venres, 22 de agosto, estará apresentando na Casa da Cultura do Brollón, ás 22h o seu invento. Precisamente as terras de Lemos están a ser especialmente afectadas pola política de recortes na Xustiza, ao pesar sobre esta comarca a ameaza de supresión do partido xudicial. Pois ben: que mellor maneira de evitar os custes que se derivarán de ter que acudir á capital provincial para resolver calquera conflito, que implantando a Dura Lex en cada localidade…  Das moitas avantaxes de contar con este artiluxio falará Salomón da Silva, o seu principal artífice.

DuraLexNatashaLelenko

Esta presentación conta co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.

Seguiremos informando sobre futuras presentacións, fiquen atentas! 

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s