A Dura Lex avanza a paso firme e sen mordazas

Non fixemos barullo pero seguíamos aquí. O certo é que o xuíz da Silva centrouse nos últimos meses en proclamar as bondades do seu enxeño da tecnoloxía xudicial, alí onde lle deixaron. Así que a Dura Lex Pro 1.0 xa é coñecida polas xentes de Betanzos, Lérez, a Pobra do Brollón, Monforte ou Mondoñedo. Tamén no barrio pontevedrés do Gorgullón realizamos unha senlleira presentación da Máquina de facer  Xustiza, co engadido de que nesa ocasión nos acompañaron o avogado Guillermo Presas, do colectivo Esculca, e Fran Conde, un dos 15 imputados por esixir que se faga xustiza no caso de Diego Viñas. Aquí tedes unha imaxe da animada conversa que tivemos co público presente.

duralexpontevedradebate

Alí falouse da tan contestada Lei de Seguridade Cidadá, esa que algúns malintencionadamente gostan de chamar “Lei Mordaza”, e das consecuencias que pode traer para a cidadanía á hora de enfrontarse á Xustiza. Pois ben, o xuíz da Silva, que como persoa conservadora que é, non gosta deste tipo de innovacións que o poder executivo trata de impoñer ao xudicial, está tamén radicalmente en contra desta nova lei. Máis que nada, porque supón un custe innecesario para as nosas comisarías, que a partir dagora pasarán a estar saturadas de antisistemas. E a DuraLex Pro 1.0, aínda sendo un portento da tecnoloxía xudicial, non pode resolver os problemas de suministro do estamento penitenciario. Enfin, o noso amigo Alberto deixoulles unha herdanza ben incómoda aos do actual goberno…

En calquera caso, o camiño da Dura Lex avanza imparábel e son cada vez máis persoas as que abren os seus ollos perante esta deslumbrante innovación. Nin nas festas do Nadal descansou, posto que o xuíz Salomón da Silva acudiu a explicar as innúmeras bondades da súa máquina ás veciñas e veciños do barrio de Monteporreiro.

E non nos afastamos de terras pontevedresas, porque en breve volveremos visitar esta cidade para realizar unha presentación moi especial. Desta vez Salomón da Silva non estará só, senón que o acompañarán outras persoas, coma el, afectadas polos desaxustes do sistema xudicial vixente. Pero non adiantemos acontecementos…

Seguiremos informando! Estade atentas ás novidades no noso blogue.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s