Grande presentación solidaria da DURA LEX

O xuíz Salomón da Silva, alén das súas ideas, é unha persoa solidaria. Por iso vén de tomar unha decisión exemplar. Dado o enorme suceso que están a ter as súas presentacións da máquina de facer xustiza por todo o territorio galego, decidiu adicar a recadación da súa próxima presentación ás vítimas do sistema xudicial vixente. Será moi pronto, o 22 de xaneiro, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21 horas.

E para evitar suspicacias, o xuíz da Silva deixa na man do colectivo Esculca a distribución dos fondos recadados. Que, tal e como están as cousas, ben seguro irán dirixidos ás vítimas do actual sistema xudicial e máis concretamente, ás persoas afectadas pola recentemente aprobada Lei Mordaza. E é que non sabemos en que andan a pensar os nosos actuais gobernantes; sacan leis que penalizan todo tipo de protesta na rúa e non se decatan de que o saturado sistema Xudicial non vai dar feito para tramitar toda canta denuncia se ampare neste novo texto. En todo caso, mellor non saber a quen van parar os cartos da billeteira, que logo pode pasar que nos topemos con algún dos beneficiados fronte á Dura Lex Pro 1.0, e aquí en seguida che acusan de conflito de interese.

DuraLexNatashaLelenkoAsí que xa estades avisadas; o vindeiro xoves 22 de xaneiro, ás 21h, no Teatro Principal de Pontevedra, o xuíz da Silva fará unha presentación moi especial do seu fabuloso invento. As entradas, a prezos populares dados os tempos que corren, irán destinadas na súa totalidade ao Observatorio dos dereitos e liberdade Esculca. Así que desta non hai escusa para quedar sen coñecer as marabillosas prestacións da Dura Lex Pro 1.0!

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s