Rodesindo da Barrosa afiará en Nogueira

ROD.PARDIÑASO vindeiro 8 de maio Volta e Dálle teatro presentará o espectáculo “Rodesindo da Barrosa” en Nogueira, Ponteareas. O “gobernador de Ourense”, afiador e paraugueiro, labreñará largueño, que vén sendo como dicir, afiará coitelos, tesoiras e navallas, remendará vigos e conciencias, e collerálles puntos as medias das mulleres, dentro da Cuarta Mostra de Artesanía tradicional. O afiador, interpretado por Pepe Penabade, compartirá cartaz coa Charanga  Os Imperiais na Mostra organizada por AA.SS Tempo de Lecer.

Rodesindo da Barrosa fará dous pases ao longo do día, un pola mañá e outro pola tarde, convocando aos veciños e veciñas a traer ferramenta para afiar.

RODESINDO cartazRodesindo da Barrosa, “gobernador de Ourense”, é un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños de Galiza  e do mundo exercendo o seu oficio.

Rodesindo chega  acompañado da súa roda de afiar, e  axudado polo seu chifre de buxo canta o séu pregón: compoñer potas, pratos, pariaguas… afiar cóitelos, tesoiras, navallas!!

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s