Equipo Artístico

equipoartísticoIntérprete Pepe Penabade
Autor Carlos Santiago
Dirección Carlos Santiago e Comba Campoy
Deseño Gráfico e Escenografía Pancho Lapeña
Deseño de Luz Coco Castro
Produción e Comunicación Comba Campoy

O texto é obra de Carlos Santiago, autor dramático de longa traxectoria nas táboas de Galiza e de Portugal, que ten traballado con compañías como Chévere, Bacana, Trigo Limpo, A Barraca, GTN de Lisboa, Mofa e Befa, o Centro Dramático Galego ou a Baal 17. É tamén coñecido polos acedos monólogos cos que percorre o país, como aquel no que encarna ao mesmísimo Apóstolo Santiago, azoute de conciencias. El mesmo dirixe o espectáculo, xunto con Comba Campoy, multifacetada traballadora ou activista da cultura, quen tamén asume as tarefas de produción e comunicación.

Sobre as táboas, encarnando o único papel da peza, Pepe Penabade, un dos actores máis versátiles da nosa escena, curtido nas táboas de compañías como Chévere, os Quinquilláns, o CDG e principalmente Volta e Dálle, a compañía que el mesmo fundou no 2000 e que alberga os seus proxectos máis persoais.

Completan o cadro humano do proxecto Pancho Lapeña, deseñador gráfico e escenógrafo, impulsor de numerosos proxectos iconoclastas como os Aduaneiros sen fronteiras, e o iluminador Coco Castro, recoñecido deseñador de iluminación de compañías de teatro e danza do país, como Limiar Teatro, ou músicos como Xan Curiel.

Advertisements