Sinopse

sinopse“Falar por Falar” é un espectáculo no que un actor nado no medio rural e un dramaturgo procedente dun medio urbano, confrontan en clave retranqueira as súas vivencias e reflexións persoais arredor da lingua galega.

A través do relato autobiográfico, da escenificación satírica de episodios históricos, de testemuños populares traídos polos pelos, de cantigas medievais e pezas do repertorio folk ou rock galego, Pepe Penabade e Carlos Santiago desafíannos a unha viaxe pola realidade viva da lingua, á procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións, que nos permita desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua.

Advertisements