Furga Garabela!

furgagarabelaPrimeiro espectáculo da compañía Volta e Dálle,  a súa produción iniciouse a finais do 2000, culminando na súa estrea o 30 de marzo de 2001, no Teatro Principal de Ourense.

Esta peza teatral, escrita e dirixida por X. H. Rivadulla Corcón e interpretada por Pepe Penabade, foi representada pola compañía en 40 ocasións, en distintos lugares de Galiza, Asturias e Portugal.

En moitas das funcións, os membros da compañía participaron en coloquios divulgativos sobre a figura, o oficio e a evolución dos afiadores. Ditas actividades, realizadas con carácter previo ás representacións, complementaron de xeito sumamente enriquecedor o labor cultural da compañía. O 30 de marzo de 2002 preséntase o libro “Furga Garabela!”, publicado e distribuido pola editorial Sotelo Blanco, onde se recolle o texto do espectáculo, completado con outro material de interese como son os deseños de escenografía, os figurinos, fotografias do espectáculo, un diccionario de Barallete ( a xiria dos afiadores) e outros materiais recollidos pola compañía por feiras e outros espazos con afiadores e capadores.

furgacartazFICHA ARTÍSTICA

TEXTO E DIRECCIÓN X. H. Rivadulla Corcón
ELENCO Pepe Penabade
MÚSICA ORIXINAL Paco Nogueiras
AXUDANTE DIRECCIÓN Marisa Garea
GRAVACIÓN Xavier Olite
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Antonio Simón
VESTIARIO Carmen Pichel
MAQUILLAXE  Carmen González
ESPAZO ESCÉNICO Xosé Vizoso
FOTOGRAFÍA Xan G. Muras
DESEÑO E ADEREZOS Xosé Vizoso
TÉCNICOS Xavier Olite, Xurxo Piñeiro
PRODUCIÓN Voltaedalle Teatro
DISTRIBUCIÓN Neves Fernández, Nazaret López

Advertisements