Jalisia, mi madriña!

jalisiafotoA quinta produción de Volta e Dálle, en coprodución con Produccións Dedentro, foi o espectáculo “Jalisia, Mi Madriña!”, escrito e dirixido por Nazaret López e interpretado por Comba Campoy e Pepe Penabade.

Estreada en Viveiro o 8 de Xullo de 2004, esta montaxe amosa a viaxe de dúas personaxes facilmente recoñecíbeis polo público galego: un moteiro rural e unha rapaza urbanita e ecoloxista con inquedanzas existenciais.

Pepe e Xulia deciden un día emprender camiño: ela foxe dunha cidade, Capitola, na que se sinte constrinxida e el diríxese a unha cidade, Capitola, onde agarda atopar algo máis de “movemento” que na súa parroquia do interior. Como en calquera peregrinaxe, Pepe e Xulia crúzanse con xente diversa, pérdense e atópanse, botan de máis e botan de menos, cambian, permanecen, soñan. As voltas e reviravoltas que Pepe e Xulia dan no camiño, constitúen o contexto e o pretexto para amosar o movemento constante dunha terra que xira sobre si mesma e que pode ser tanto a nosa como calquera outra que se lle pareza.

Ademais de recoller a figura da “moto do país”, a acción desenvólvese nun contexto político moi axitado, marcado pola mobilización social tras a catástrofe do Prestige, que a compañía quixo reflectir en clave de comedia. A identificación dun público moi variado con este espectáculo comprobouse ao longo das máis de 40 funcións nas que foi representada por toda Galiza.

jalisiacartazFICHA ARTÍSTICA

TEXTO E DIRECCIÓN Nazaret López
ELENCO Pepe Penabade, Comba Campoy
MÚSICA ORIXINAL Xavier Olite, José María López, Suso Alonso
ESPAZO SONORO Xavier Olite
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Octavio Mas
VESTIARIO Carmen Pichel
MAQUILLAXE  Fanny Bel
ESPAZO ESCÉNICO Marian e Wences
FOTOGRAFÍA Ester Rizo, Wences Lamas, Xan G. Muras
DESEÑO GRÁFICO Wences Lamas
TIPOGRAFIA Marian Méndez
TÉCNICOS Alfonso Romeo, Octavio Mas
VIDEO Xis Costa
PRODUCIÓN Volta e dalle, Producións Dedentro
DISTRIBUCIÓN Pepe Penabade, Nazaret López

Advertisements