Pan

voltaedallebio“Pan, catro propostas sobre a malla” foi a sexta produción de Volta e Dálle e un dos seus proxectos de máis envergadura, contando cun equipo artístico de cinco actores e dous músicos. Foi estreada en Outubro de 2007  no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Pan foi un espectáculo de creación colectiva, escrito e dirixido por Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e X. H. Rivadulla Corcón e interpretado por Comba Campoy, María Lado, Luís Iglesia, Alfonso Romeo e Pepe Penabade. Branca Novoneyra realizou a dirección coreográfica, e Xosé Luís Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mini e Mero, ocupáronse da banda sonora e da interpretación musical en escena. En Pan confluían as visións de catro autores diferentes sobre un tema universal: as mutacións sociais e culturais que conleva a desaparición da economia tradicional agraria. Catro actos do antiquísimo ritual agrario, a sementeira, a sega, a malla, e o pan, fiados a través da danza e da música ao vivo, estruturaban esta peza poliédrica sobre a evolución da sociedade galega nas últimas décadas.

Durante o 2008-2009 a compañía representa o espectáculo, á parte do circuito puramente teatral, por distintas festas de recuperación da malla e do pan, e realiza 33 funcións por distintas vilas e cidades de Galiza . En colaboración coas editoriais da Fundación Manuel María da Terra Chá e Sotelo Blanco, a compañía editou tamén o libro-cd do espectáculo.

pancartazFICHA TÉCNICA

TEXTO E DIRECCIÓN Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade, X. H. Rivadulla Corcón
ELENCO Pepe Penabade, Comba Campoy, María Lado, Alfonso Romeo, Luís Iglesia, Pepe Soto, Mini e Mero
CREACIÓN MUSICAL Mini e Mero
AXUDANTE DE DIRECCIÓN Scherezade Bardají
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Octavio Mas
VESTIARIO María Chenut, Scherezade Bardají
MAQUILLAXE  Fanny Bel
ESCENOGRAFÍA Pepe Guitián, Pepe Penabade
GRÁFICA E FOTOGRAFÍA Xan G. Muras
TÉCNICOS Xacobo Castro, Octavio Mas, Breixinho
VIDEO Lara Bacelo
PRODUCIÓN Eliana Martins
DISTRIBUCIÓN Pepe Penabade

Advertisements