Salitre

salitreCoa vocación de levar á escena o sentir das xentes do mar nun ano negro como foi o 2003, os responsábeis da compañía deciden producir un espectáculo que chamase a atención do espectador sobre a problemática medioambiental e as súas consecuencias na economía e na forma de vida mariñeiras. O resultado foi Salitre, peza escrita e dirixida por X. H. Rivadulla Corcón e interpretada por Comba Campoy e Pepe Penabade.

A súa estrea tivo lugar en Pontevedra, o 31 de Outubro dese ano. Con este espectáculo a compañía realizou un total de 27 funcións por toda Galiza e a Comunidade de Madrid. O texto desta peza, orixinalmente escrito en galego, foi traducido ao español para a súa distribución no resto do Estado. Por outra banda, a versión galega foi publicada e distribuída pola compañía, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco.

Ademáis do texto o libro do espectáculo inclúe deseños de escenografía, figurinos e fotografías da montaxe, así como as partituras da banda sonora orixinal do espectáculo, composta por Paco Nogueiras.

salitrecartazFICHA ARTÍSTICA

TEXTO E DIRECCIÓN X. H. Rivadulla Corcón
ELENCO Pepe Penabade, Comba Campoy
MÚSICA ORIXINAL Paco Nogueiras
AXUDANTE DIRECCIÓN María Lado
VOZ CANCIÓNS Maite Dono
VOZ MARIÑEIRO Xosé Ramón Fandiño
GRAVACIÓN Xavier Olite
DESEÑO DE ILUMINACIÓN Antonio Simón
VESTIARIO E MAQUILLAXE  Carmen González
ESPAZO ESCÉNICO Taller Volta e Dálle
DESEÑO GRÁFICO Xosé Vizoso
FOTOGRAFÍA Xan G. Muras
TÉCNICOS María Lado e Alfonso Romeo
PRODUCIÓN Voltaedalle Teatro
DISTRIBUCIÓN Pepe Penabade

Advertisements