Rodesindo da Barrosa

rodesindoparisRodesindo da Barrosa, “gobernador de Ourense”, é un afiador que en pleno século XXI percorre os camiños de Galiza  e do mundo exercendo o seu oficio.

Rodesindo chega  acompañado da súa roda de afiar, e  axudado polo seu chifre de buxo canta o séu pregón: Compoñer potas, pratos, pariaguas… afiar cóitelos, tesoiras, navallas!!

Afiadooor… e paraugueiro! … É posible que a xente non teña moita ferramenta  para afiar, non importa, o afiador leva varias ferramentas para afiar de diferentes clientes/as. Mentras  lles saca gume, cóntalle ao público por que Ourense é a “terra da Chispa”, e cando mostra como cortan despois de afialas, ao mellor? comezan a aparecer navallas que andan polos petos dos espectadores.

Rodesindo arranxa todo tipo de aparellos, ademais o seu traballo está totalmente actualizado. Ten un apartado de I+ D no que deseña novos  útiles e inventos.
Por exemplo, no apartado de I+D deseñou e construiu un comprobador de paraugas en colaboración co departamento de Pluviometría da Universidade de Compostela (é onde máis chove) para verificar se os paraugas teñen goteiras. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, coa axuda dun espectador/a fará unha demostración práctica de cómo funciona o invento.

rodesindoruaOutro traballo que fai, e que ten moita demanda na actualidade son os “piercings” con arame do Carballiño do nº7. Como promoción do día, un espectador/a poderá levar instalado un brinco na parte do corpo que máis lle guste (normalmente nunha orella)

Como ao longo da representación irán aparecendo palabras e expresións en Barallete (a lingua dos afiadores Rodesindo abrirá un diálogo co público para falar desta lingua e da parte etnógrafica do oficio que sen dúbida foi o máis importante de todos os oficios ambulantes de Galicia, que os ourensáns levaron polo mundo enteiro.

O espectáculo, xa un clásco no repertorio da compañía desde a súa estrea en 2002, leva máis de 300 funcións por Galiza e o Estado Español, en distintos espazos, nomeadamente feiras medievais, mostras de artesania, escolas, asociacións culturais, museos e encontros de afiadores. A acollida deste espectáculo foi tan positiva que a día de hoxe, oito anos despois da súa estrea, segue a ser representado con éxito.