O intérprete

rodesindochispasPepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo 1965), intérprete de “Rodesindo da Barrosa, afiador e paragueiro”, foi un dos fundadores en 1987 da recoñecida compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade.

O primeiro espectáculo que produciu a compañía foi “Furga Garabela!”, un mónólogo de un afiador escrito e dirixido por X.H. Rivadulla Corcón. Un ano despois  Sotelo Blanco publica o libro do espectáculo  no que á parte do texto teatral aparece, a modo de relatos de Nazaret Lopez, o traballo de campo previo á montaxe teatral, incluíndo as entrevistas con afiadores e capadores.  O libro tamén inclue un diccionario de Barallete. O personaxe do afiador tivo tal éxito, que no ano 2004 Volta e Dálle teatro produciu unha segunda versión: “Rodesindo da Barrosa, afiador e paragueiro” .

Dende o 2004 Rodesindo da Barrosa leva realizado máis de trescentas representacións  por  Galicia, o resto do Estado, e o extranxeiro.

A modo de exemplo, á parte de moitas vilas e ciudades de Galicia, París, Albacete, Castellón, Oviedo,  Madrid ou Tondela foron lugares onde se representou o espectáculo. Co personaxe do afiador, tamén participou como actor na Teleserie Terra de Miranda  e no documental “Os andolios sobre a chaira” (Os pasos sobre a Terra) producidos e emitidos pola TVG.

Outros espectáculos de Volta e Dálle nos que participou como actor son: Salitre, Jalisia Mi Madriña! Pan, catro propostas arredor da malla,  Menciñeiros,  ou Dura Lex.

Nestes últimos anos tamén traballou como actor noutras compañías como Chévere, no espectáculo “Eurozone”, ou no Centro Dramático Galego, no espectáculo “Salomé, de Óscar Wilde” no que interpretou a Herodes. O cinema e a televisión contaron co seu traballo,  entre outros  en títulos coma:  A Mariñeira,  23F,  Chapapote, Maratón, Pepe O inglés, Padre Casares,  Matalobos, Serramoura ou Hospital Real.

Advertisements