A Compañía

logoDesde a súa fundación, Volta e Dálle leva apostando pola posta en escena de espectáculos cunha característica común: o compromiso coa realidade social e política galega.

Deste xeito, levou ao palco propostas que pretendían poñer en valor distintos oficios tradicionais, como Rodesindo da Barrosa, sobre o mundo dos afiadores ou, máis recentemente, nunha versión do clásico de Cunqueiro, dos Menciñeiros.

Xunto coa recuperación da cultura popular, o compromiso co presente levou á compañía a tratar temas da actualidade, como foi o caso do Prestige en “Salitre” (2003), da parodia do goberno Fraga en “Jalisia, mimadriña!” (2004) ou da expoliación dos recursos propios en “Pan” (2007). Neste momento, os recentes retrocesos en materia de dereitos e a tan mentada “xudicialización” da vida pública, levan a montar Dura Lex, unha comedia aceda sobre o funcionamento da Xustiza.